Estíbaliz Espinosa

Escritora. Con varios libros publicados de poesía, relato curto, tradución e ensaio, en lingua galega e con enfoque nunha cultura única: a simbiose entre a Ciencia e as Humanidades, así como a relación entre muller, tecnoloxía, palabra e ciencia. Licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica pola UDC, imparto charlas, cursos e obradoiros. Así mesmo, traduzo dende o inglés e o francés a galego e castelán. Compaxino estas actividades coa música: son cantante [soprano e mezzo] e escribo sobre música para a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Volver a colaboradores